O produto amparado pola indicación xeográfica protexida (IXP) Tarta de Santiago é un doce tradicional galego, cuxos compoñentes básicos son améndoas, azucre e ovo, empregados nas proporcións e segundo as condicións que se definen no prego de condicións do produto, e no Regulamento.
A zona de elaboración das tortas amparadas pola IXP Tarta de Santiago abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Forma
Redonda con cuberta de azucre glasé onde figurará a cruz da Orde de Santiago como sinal de identidade propia.
Aroma
Típico a xema e améndoa.
Cor
Cobertura branca en superficie debido á decoración con azucre glasé e cor dourada ao corte.
Sabor
Típico a améndoa.
Textura
Esponxosa e granulada.
INGREDIENTES E CANTIDADES
Os ingredientes da Tarta de Santiago (torta sen forro ou corpo da torta no caso das forradas) serán os seguintes:
Améndoas
· Primeira calidade
· Contido en graxa superior ao 50% (medido sobre o produto con pel)
≥33% sobre o peso total da masa
Azucre
· Refinado (sacarosa)
≥33% sobre o peso total da masa
Ovo
≥25% sobre o peso total da masa
Reladura de limón
Quantum satis
(segundo arte culinaria)
Viño doce, brandy, augardente de bagazo
Quantum satis
(segundo arte culinaria)
Azucre glasé
Quantum satis
(segundo arte culinaria)
PRESENTACIÓN
Existen dúas presentacións básicas, torta forrada, é dicir, con base, e torta sen forrar. Á vez, cada unha destas presentacións admitirá distintos formatos en función do tamaño da torta que se vaia realizar.