Consello Regulador
Na indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago están inscritos os obradoiros que, estando situados na Comunidade Autónoma de Galicia, reúnen as condicións establecidas no Regulamento para a elaboración de tortas baixo o amparo da denominación.
O Consello Regulador leva o rexistro de obradoiros, que está a disposición do órgano de control.
O órgano de control e certificación para os produtos da indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago é a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), de acordo co disposto no artigo 15.1º c) da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, así como no artigo 66 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.
Os órganos de goberno do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago son o Pleno, a Presidencia, a Vicepresidencia e a Comisión Permanente.
O Pleno do Consello Regulador está constituído por cinco vogais, elixidos entre os titulares dos obradoiros inscritos no rexistro do Consello Regulador.
Para máis información >
– Regulamento IXP Tarta de Santiago