AméndoasA pesar de que apenas existen amendoeiras en Galicia, o consumo e comercio de améndoa pode testemuñarse desde a Baixa Idade Media, época en que xa era importada por vía marítima desde as terras do Levante español. O seu uso admitía dúas variantes: o terapéutico -que ten a súa orixe na farmacopea clásica- e como ingrediente gastronómico. Pola súa escaseza e carestía, a améndoa foi un alimento consumido preferentemente polos máis ricos, sobre todo como sobremesa, servizo que, de seu, só estaba ao alcance duns poucos. Esta connotación de prestixio mantívose durante a segunda metade do século XIX cando a améndoa se comezou a popularizar e cristalizou no que hoxe se coñece como cociña tradicional galega (fusión da alta cociña e a gastronomía popular).

A Tarta de Santiago afunde as súas raíces nas tradicións máis antigas da alta repostaría galega. Nela, a améndoa, unida a outros condimentos custosos como o azucre, é un ingrediente fundamental e típico, ata o punto de que podería dicirse que a profusión de doces con améndoa -produto que apenas se emprega noutras preparacións alén das sobremesasé algo distintivo das sobremesas das mesas acomodadas galegas polo menos desde o século XVI. O uso
destes ingredientes distintos proporcionaba a quen o ofrecía na súa mesa unha connotación inmediata de distinción social. En Galicia, a súa condición de ingrediente que fornece refinamento a calquera prato e a calquera doce mantense mesmo hoxe en día.

Pazo de Quián s/n - Sergude. 15881 Boqueixón (A Coruña) | 881 997 276 | Aviso legal CSS | XHTML | validados ok diseño y realización