Améndoas A historia da Tarta de Santiago nace nas cociñas acomodadas nos séculos XVI ao XVIII. A alta repostería galega dos tempos históricos caracterízase pola presenza de dous ingredientes: azucre e améndoa.

A primeira información digna de fiabilidade é unha das receitas de biscoito e améndoas contida no Caderno de confeitaría que recompilou Luis Bartolomé de Leybar arredor do 1838. Aínda que tiña forma de pequenos biscoitos, a elaboración coincide coas receitas tradicionais da torta compostelá.

No século XX, a Tarta de Santiago introdúcese de modo progresivo nos tratados culinarios españois onde adoita cualificarse como produto da repostaría galega tradicional.
O adorno das tortas cunha silueta da cruz de Santiago data do ano 1924, cando o fundador da compostelá Casa Mora buscaba darlle un toque distinto a un produto tradicional. Esta iniciativa foi seguida por outros obradoiros composteláns e ao fío da crecente fama desta especialidade, difundiuse por toda Galicia.

A popularización da peregrinación a Santiago a través das distintas rutas xacobeas, particularmente nos últimos lustros, trouxo á capital e, en xeral, á comunidade autónoma, multitude de visitantes, tano españois como doutros países, o que serviu para divulgar o coñecemento deste produto típico da repostaría galega fóra das súas fronteiras.

Pazo de Quián s/n - Sergude. 15881 Boqueixón (A Coruña) | 881 997 276 | Aviso legal CSS | XHTML | validados ok diseño y realización